A ICANN activa o primeiro dominio .gal
Tras 7 anos, o dominio .gal xa é unha realidade:
Nic.gal convertiuse onte pola noite no primeiro dominio de puntoGAL activado pola ICANN, o organismo internacional que xestiona os dominios da rede a nivel mundial.
Tras máis de 7 anos de traballo e coas sinaturas de apoio de doce mil cidadáns e 110 entidades, a posta en marcha desta primeira páxina, de caracter técnico e para probas, supón a delegación formal do dominio e a culminación dun longo proceso apoiado por toda a sociedade galega.
Como todos os novos dominios haberá un prazo inicial para que as administracións públicas, organizacións galegas e marcas poidan rexistrar o seu dominios antes do público xeral.