“A Mac-eira”, Mac en galego
Hoxe acabo de coñecer un novo blog en galego, A Mac-eira. A súa temática é sobre o mundo Apple e ten artigos moi interesantes, por exemplo, o último é sobre a historia do símbolo de Comando ⌘:
Ao consultar o manual de simboloxía internacional escolleu o símbolo Saint John’s Arms porque o interpretou coma un castelo a vista de paxaro coas súas catro torres nas esquinas. Un castelo tamén evocaba autoridade pero dun xeito máis amable que calquera símbolo policial actual. Outra idea que se asocia aos castelos é a de maxia, que pode que tamén se tivera en conta.